A Fundación Española para a Ciencia inviste en 19 proxectos de divulgación galegos

Con máis de 335.000 euros adxudicados, Galicia é a cuarta comunidade en número de solicitudes concedidas.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/11/2021 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) adxudica, na última convocatoria de axudas para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e da innovación, 335.700 euros para desenvolver 19 proxectos de divulgación e comunicación da ciencia e a innovación en Galicia. Segundo informa a Delegación do Goberno, Galicia é a cuarta comunidade autónoma en número de solicitudes concedidas, cunha taxa de éxito do 32,76%, e a quinta en importe concedido.

Os proxectos obxecto das axudas agrúpanse ao redor de cinco liñas de actuación: cultura científica, tecnolóxica e da innovación; educación e vocacións científicas; ciencia cidadá; redes de comunicación e divulgación da ciencia e a innovación e pensamento crítico.

Entre os proxectos que se financiaron nesta convocatoria en Galicia destaca 'Maker Faire Galicia', que en 2022 celebrará a súa oitava edición. O obxectivo do evento é "xerar un espazo de encontro entre makers de distintos ámbitos da ciencia, a tecnoloxía e a cultura".

BANDA ANCHA

Por outra banda, o delegado do Goberno, José Miñones, avanzou proxectos por 30.183.840 euros para estender a cobertura de banda ancha ultrarrápida en 278 concellos de Galicia. Explicouno tras a proposta de resolución provincial da convocatoria do ano 2021 do Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión ÚNICO-Banda Ancha.

José Miñones enmarcou esta iniciativa no "compromiso do Goberno coa conectividade e a dixitalización, ademais do reto demográfico", todo enmarcado no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno.

O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital impulsa este programa polo que se beneficiarán 89.548 fogares e empresas en Galicia ata agora sen cobertura dunha velocidade de acceso superior a 100 Mbps.

Unha investigadora traballa nun laboratorio. UNIVERSIDADE DE VIGO
Unha investigadora traballa nun laboratorio. UNIVERSIDADE DE VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta