Investigan a desaparición dun mozo da Illa durante un suposto transporte de droga

Non consta ningún tipo de denuncia sobre a desaparición deste veciño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2021 | Actualizada ás 16:57

Comparte esta noticia

A Policía Nacional puxo en marcha unha investigación en relación coa desaparición dun home duns 30 anos, veciño da Illa de Arousa, ao que se vincula cunha operación de tráfico de drogas levada a cabo en augas do Atlántico.

Segundo confirmou a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, esta investigación ten por obxecto determinar se o caso debe de ser trasladado a un xulgado para que abra as dilixencias oportunas en relación a esta desaparición, que tivo lugar a finais do mes de agosto.

Desde o Concello da Illa de Arousa aseguran non ter ningunha información oficial en relación ao caso nin consta que se realizou ningún tipo de denuncia sobre a desaparición deste veciño. Con todo, fontes municipais recoñecen que, desde hai uns días, especulábase no municipio sobre o posible paradoiro do novo.

A principal hipótese que se manexa é que o insular, que xa estaba a ser investigado polas unidades contra o narcotráfico, participase como lancheiro nunha operación de transporte de droga con destino a Galicia, momento a partir do cal desaparecería por diferentes razóns.

Unha das cuestións que máis sorprende do caso é que non exista ningunha denuncia por esta desaparición a pesar que nada se sabe do paradoiro do novo insular desde finais de agosto, cuestión que algunhas fontes vinculan a un posible acordo para ocultar o suceso.

Imaxe aérea da Illa de Arousa durante a celebración do Atlantic Fest. ATLANTIC FEST
Imaxe aérea da Illa de Arousa durante a celebración do Atlantic Fest. ATLANTIC FEST

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta