Ferido leve un peón ao ser atropelado no recinto dun hospital en Santiago

Outra persoa resultou ferida nun sinistro entre dous vehículos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2021 | Actualizada ás 17:09

Comparte esta noticia

A Policía Local de Santiago foi mobilizada por un atropelo ocorrido no recinto do hospital Gil Casares dun peón que resultou ferido leve. Segundo informou a Policía Local, este accidente de tráfico tivo lugar no interior do recinto do citado hospital compostelán sobre as 9,30 horas deste pasado martes cando un vehículo atropelou na calzada a un peón.

Por outra banda, ás 16,20 horas deste pasado martes, a Policía Local de Santiago interveu por outro sinistro, neste caso sucedido na intersección da rúa Avío-Boiro entre dous vehículos, que se saldou cunha persoa ferida leve.

Así mesmo, axentes da Policía Local acudiron, no marco das súas actuacións, este pasado martes a un piso debido á celebración dunha festa nun domicilio.

Hospital Gil Casares, do  Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS)
Hospital Gil Casares, do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) | Fonte: Sergas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta