Ourense será ata o 7 de novembro o escaparate da gastronomía galega, española e mundial

O Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar inaugurouse este mércores.

Por E.P. | Ourense | 03/11/2021 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

A vixésimo segunda edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar inaugurouse este mércores en Ourense, que se converterá ata o próximo 7 de novembro no escaparate da gastronomía mundial con 160 expositores nacionais e doutros países como Portugal e Perú.

Inauguración da feira gastronómica 'Xanta' de Ourense. XUNTA
Inauguración da feira gastronómica 'Xanta' de Ourense. XUNTA | Fonte: Europa Press

Ao longo dos próximós catros días poderanse degustar 13 menús desde 23 euros e asistir a actividades tales como catas ou talleres de cociña en directo.

A inauguración contou coa participación do vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, quen destacou a importancia que ten á hora de promocionar e recoñecer internacionalmente a gastronomía galega.

A cita deste ano está centrada na 'Gastronomía dos Camiños' con motivo da celebración do Xacobeo 21-22, algo que celebrou o vicepresidente da Xunta de Galicia, quen ve un "acerto" dedicar a edición por "ser o mellor escaparate para animar aos turistas a visitar Galicia".

Así pois, manifestou que durante os catro días da feira pasarán polo pavillón de Ourense "o mellor dos produtos galegos e o máis recoñecido da súa cociña con afamados chefs e selectos pratos" tanto tradicionais como de vangarda.

Pola súa banda, o vicepresidente da Deputación e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, incidiu na importancia do salón gastronómico "para mostrar a imaxe real" de Galicia e de Ourense "como destino enogastronómico de calidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta