A Confederación de Empresarios de Galicia celebra o seu 40 aniversario

Será nun acto o venres 12 de novembro, no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/11/2021 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

O vindeiro venres 12 de novembro o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia acollerá o acto conmemorativo do 40 aniversario da constitución da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), ao que asistirán as principais autoridades e representantes empresariais e sociais.

O presidente da CEG e secretario xeral de Anfaco-Cecopesca e vicepresidente da CEP, Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa
O presidente da CEG e secretario xeral de Anfaco-Cecopesca e vicepresidente da CEP, Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Con esta efeméride, a organización proponse, ademais de facer un repaso dos seus principais fitos ao longo deste catro décadas, centrarse na análise da conxuntura económica actual e das previsións de futuro para as empresas galegas.

No evento está previsto que interveñan Juan Manuel Vieites, presidente da organización empresarial galega; Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca, entidade patrocinadora do evento; o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; Antonio Garamendi Lecanda, presidente da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE); e o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo.

Posteriormente, celebrarase un xantar presidido polo rei Felipe VI, que contará coas intervencións do presidente da e do monarca.

Por outro lado, Sabadell Gallego e a Confederación de Empresarios Galegos (CEG) asinaron un acordo para pór en marcha unha liña de financiamento denominado 'Reactivamos', que ascende a 300 millóns de euros, e que se dirixe especialmente a financiar proxectos galegos de investimento que sirvan para impulsar a actividade de empresas, negocios e autónomos unha vez que pasaron os peores efectos da pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta