O Consello da Cultura lamenta que os 2,78 millóns de euros do orzamento "non están á altura" do seu labor

Presentará un novo plan para reforzar a súa acción exterior e buscará a cohesión territorial.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/11/2021 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, detallou que a institución contará o próximo ano cun orzamento que ascende a algo máis de 2,78 millóns de euros. Unhas contas que "non están á altura", sinalou, dado que representan un incremento de pouco máis de 59.400 euros respecto ao pasado exercicio e que se limita a cubrir gastos indispensables e subas retributivas.

Toma de posesión da presidencia do Consello da Cultura de Rosario Álvarez
Toma de posesión da presidencia do Consello da Cultura de Rosario Álvarez | Fonte: XUNTA DE GALICIA - Arquivo.

Álvarez insistiu en que a institución está "lonxe" de alcanzar as cotas do ano 2008, cando a dotación superaba os 3,25 millóns de euros, e asegurou que tentarán "chegar ao máximo" coas posibilidades económicas das que dispoñen.

"Pero sabendo todos que deixaremos de facer moitas cousas que deberiamos estar a facer, porque non temos máis orzamento", insistiu, e destacando que a institución investiría en ampliar o cadro de persoal e en "externalizar" e realizar encargos que contribuirían a soster o ecosistema cultural galego.

Así o trasladou durante a súa comparecencia en comisión parlamentaria para informar as contas do próximo ano desta institución, na que tamén fixo balance do traballo desenvolvido este exercicio e avanzou as liñas previstas para 2022.

Entre as accións expostas destacou o novo programa de acción exterior, que busca actuar na internacionalización da cultura galega e que se conta con máis dun cento de accións programadas, que se basearán na Galicia diseminada, a Atlántica, os países de lingua portuguesa, a relación Galicia-Europa ou a diplomacia cultural.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta