O Concello de Lugo solicita permiso a Patrimonio para limpar as pintadas na praza de Santa María

Os técnicos analizan o método máis adecuado e respectuoso.

Por E.P. | Lugo | 03/11/2021 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

O Concello de Lugo solicitou permiso á Dirección Xeral de Patrimonio, dependente da Consellería de Cultura, para proceder á limpeza das pintadas achadas o martes na contorna da catedral, na praza de Santa María.

Praza de Santa María e catedral de Lugo
Praza de Santa María e catedral de Lugo | Fonte: Google Maps.

Diso informou o edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, que explica que, unha vez que o Consistorio reciba o pertinente visto e prace, procederase á retirada da pintura o máis rápido posible.

Para esta actuación, sinalou que os técnicos analizan o método máis adecuado e respectuoso co tipo de material no que se vai a actuar.

Miguel Fernández condenou este tipo de actos vandálicos que "danan o patrimonio e a imaxe da cidade" e solicitou a colaboración dos veciños tanto no coidado do patrimonio público como na denuncia do vandalismo que se detecte, xa que "é unha obriga de todos os cidadáns".

Ademais, informou de que xa se procedeu á eliminación das pintadas rexistradas o fin de semana nas rúas Ángel López Pérez, San Pedro, Raíña, Anxo Fernández Gómez, Campo Castelo, praza de Santo Domingo e San Roque, actuacións para as que "se requiriron tres xornadas de traballo" cos medios propios do Concello.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta