Un 15% dos galegos segue sen vacinar

Parte deles corresponde a menores de 12 anos, pero tamén está o caso dun 6'5% da poboación diana que non recibiu aínda a inmunización.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2021 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

A vacinación contra a Covid-19 segue en Galicia e xa supera os 4,5 millóns de doses administradas desde o inicio do proceso, coas que alcanza un 85 por cento de toda a súa poboación con pauta completa. Así, segundo os datos publicados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade no 'Cronómetro de vacinación' con respecto á xornada do mércores, recollidos por Europa Press, administráronse ata a data 4.501.211 dose, que supoñen 11.532 máis que as rexistradas ata o día pasado, o 99,79 por cento das 4.510.249 recibidas en Galicia ata a data.

Do total de 11.532 doses administradas, 380 foron para completar pauta, polo que ascenden a 2.294.525 os cidadáns co proceso finalizado no conxunto da Comunidade galega, o 84,98% do total de habitantes e o 93,48% da poboación diana --maiores de 12 anos--. Por grupos de poboación por vulnerabilidade, hai 19.274 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 17.590 dependentes non institucionalizados e 27.433 institucionalizados. Mentres, 2.085.795 vacináronse chamados pola súa idade.

Por probabilidade de exposición, 72.659 profesionais do ámbito sanitario teñen pauta completa, 27.166 do sociosanitario e 44.082 traballadores de actividades consideradas esenciais tamén a recibiron.

O proceso de vacinación contra este coronavirus continúa nos hospitais do Servizo Galego de Saúde, despois de pechar os centros de vacinación masiva, coa administración de segundas doses pendentes e autocita para maiores de 12 anos, así como coa posibilidade de acudir sen cita previa. E desde o luns 25 de outubro comezouse a administrar a persoas maiores a dose de reforzo contra a Covid en centros sanitarios de cabeceira.

Ademais, está previsto a partir de mediados deste mes de novembro o Sergas habilite de novo puntos de vacinación masiva cando comece a administración da dose de reforzo contra a Covid ao grupo de persoas de 70 a 79 anos en Galicia.

Unha muller recibe unha dose da vacina de AstraZeneca no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 202 / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press
Unha muller recibe unha dose da vacina de AstraZeneca no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 202 / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta