Constituidos dous comités para a terapia CAR-T na área Santiago e O Barbanza

Cada comité está composto por unha vintena de profesionais facultativos de enfermaría, de nove servizos diferentes; así como membros da dirección asistencial da xerencia, de calidade, da Fidis e de Galaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2021 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Santiago e O Barbanza informou este xoves da constitución de dous comités para poder ofrecer as terapias CART-T con todos os estándares de calidade e multidisciplinaridad necestarios.

En concreto, segundo informou a Xerencia, conformouse o Comité clínico-patolóxico CAR-T, órgano que estará presidido pola hematóloga Dores Vilariño e que terá como secretario ao anatomopatólogo Máximo Fraga.

Pola súa banda, a Unidade multidisciplinar post-terapia CAR-T, estará presidida polo hematólogo Juan Carlos Vallejo e terá como secretaría á neuróloga Purificación Cacabelos.

Cada comité está composto por unha vintena de profesionais facultativos de enfermaría, de nove servizos diferentes; así como membros da dirección asistencial da xerencia, de calidade, da Fidis e de Galaria.

En concreto, o CAR-T é unha terapia "moi recente e cun futuro enrome" para o tratamento de procesos hemato-oncolóxicos como os linfomas ou certos tipos de leucemia, ou mesmo no futuro para outro tipo de tumores malignos e para entidades non malignas", destacou o doutor Vallejo.

Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo
Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta