Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 04/11/2021 | Actualizada ás 21:20
Catro veciños de Pontevedra conseguiron reanimar a outro que sufriu un infarto en plena rúa nesta cidade. Os feitos aconteceron preto da Av. Lugo, ás 19:30h da tarde deste xoves cando unha home sentiuse mal e foi atendido por estas persoas que se atopaban na rúa nese momento.
Estas catro persoas practicáronlle unha reanimación cardiopulmonar (RCP) ao home que estaba sufrindo un infarto nese momento. A súa acción serviu para mantelo con vida ata a chegada dos sanitarios do 061.
O home foi trasladado de urxencia ao hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo para practicar un cateterismo. Nas redes sociais destacaron a actitude cívica destes cidadáns que, coa súa acción conseguiron salvar a vida dunha persoa antes de que chegaran os servizos médicos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.