Aumentan en 300 os galegos vacinados coa pauta completa contra a Covid-19

Galicia administra outras 11.300 doses contra a Covid e chega a un 93,5% da poboación diana con pauta completa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2021 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

A vacinación contra a Covid-19 avanza coa administración doutras 11.300 doses e chega a un 93,5 por cento da poboación diana --maiores de 12 anos-- con pauta completa. Segundo os datos publicados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade no 'Cronómetro de vacinación' con respecto á xornada do xoves, recollidos por Europa Press, administráronse ata o momento 4.512.540 doses, que representan 11.329 máis que as contabilizadas ata o día pasado.

Do total de doses administradas, 300 foron para completar pautas, polo que aumentan a 2.294.825 os cidadáns co proceso finalizado en toda a Comunidade galega, o 84,99% do total de habitantes e o 93,49% da poboación diana --maiores de 12 anos--.

Por grupos de poboación por vulnerabilidade, hai 19.295 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 17.579 dependentes non institucionalizados e 27.495 institucionalizados. Mentres, 2.086.000 vacináronse terminaron o proceso chamados pola súa idade.

Por probabilidade de exposición, 72.6662 profesionais do ámbito sanitario teñen pauta completa, 27.170 do sociosanitario e 44.080 traballadores de actividades consideradas esenciais tamén a recibiron.

O proceso de vacinación contra este coronavirus segue nos hospitais do Servizo Galego de Saúde coa administración de segundas doses pendentes e autocita para maiores de 12 anos. E desde o luns 25 de outubro comezouse a administrar a persoas maiores de 80 anos a dose de reforzo contra a Covid en centros sanitarios de cabeceira en paralelo á vacunción antigripal.

Ademais, está previsto a partir de mediados deste mes de novembro o Sergas habilite de novo puntos de vacinación masiva cando comece a administración da dose de reforzo contra a Covid ao grupo de persoas de 70 a 79 anos en Galicia.

Unha sanitaria vacina contra a covid-19 un home no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) / Europa Press. / Europa Press
Unha sanitaria vacina contra a covid-19 un home no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta