Chega a Galicia o Proxecto EDAR360 para a dixitalización das augas residuais

Este proxecto está liderado por Viaqua e nace cun presuposto de máis dun millón de euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2021 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

O proxecto EDAR360 xa é unha realidade. Este proxecto fórmano un consorcio de empresas e centros tecnolóxicos galegos que teñen como obxectivo desenvolver solucións dixitais que permitan o control e a optimización dos procesos de depuración das augas residuais da nosa Comunidade.

O proxecto EDAR360 estará liderada por Viaqua
O proxecto EDAR360 estará liderada por Viaqua | Fonte: Viaqua

Este proxecto nace cun orzamento de 1.080.387 euros e esta liderado por Viaqua. Xunto a esta empresa tamén están as empresas galegas de base tecnolóxica Syspro Automation S.L.U e Ednon S.L coa colaboración do Instituto Tecnolóxico de Galicia e Cetaqua Galicia.

Esta idea, denominada EDAR360, está subvencionada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e cofinanciada con Fondos FEDER no marco do programa Feder Galicia 2014-2020. Ademais recibe o apoio da Xunta de Galicia a través da Vicepresidenta Segunda e da Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

DA MAN COAS DIRECTRICES EUROPEAS

O proxecto EDAR360, xúntase cun dos grandes retos estratéxicos do sector da auga marcado polas normas europeas, o de modernizarse a través do desenvolvemento de solucións dixitais para a depuración destas augas residuais. Este proceso terá lugar en todas as instalacións operadas por Viaqua.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Chiringuitos Confusos Cetaqua traballa en Barcelona ~ Andalucía ~ Chile e Galicia ? https://www.cetaqua.com/galicia/eco... Que pintan representantes de AGBAR Augas de Barcelona no Patronato e no Consello Científico de GALICIA ? O único que sabemos é que sobre a depuración real da EDAR do Lagares (Vigo) ninguén sabe nada de nada !