Carta a Mariano, o outro

Sapientísimo Mariano: Veño de ler istes días unha túa entrevista no Faro de Vigo, iluminachesme, cal Saulo, caín do cabalo camiño de Damasco, indícasme que me vaia para o BNG ou para Compromiso por Galiza, non me sorprendeu estaba esperando que nos dixeras o camiño a seguir, pois tal coma din os textos dos relatorios da inmensa organización de masas que lideras, ou pastoreas, ininterrompidamente dende o ano 1.989, nesa linguaxe rotunda que te caracteriza, “hai que acabar con eses inútiles autonomistas” bota-los fora, combate-los, só ti e os teus tendes patente, non me refiro a de corso, non, líbereme Deus, refírome a de nacionalistas, independentistas e porque non deci-lo de “tutti quanti” sexa necesario pois, non cabe nengunha dúbida que es o mellor, digo mais : o mais mellor, estou convencido, boeno terei que convencerme.

Por Francisco Trigo | Cambados | 06/03/2014

Comparte esta noticia
A verdade que a entrevista non ten desperdicio, coma case sempre a prudencia para ti non existe, iso e cousa de débiles e pequeño-burgueses coma min, por iso repartes carnets de esquerda, de dereita, de nacionalista, de non nacionalista, diante diso so cabe ou pasar ou botarse rir. Isto último non o vou facer, por respecto, mais pasar tampouco, xa abonda, vai sendo hora, permíteme dicircho, que escomeces a pechar a tenda de expedición de carnets, quédate co teu, xestiona-o como poidas, pois os demais aínda que non tan listos coma ti, nin tan valentes, direiche despois porqué, acostuman a ser prudentes e aguantar, a ser respeituosos coas regras do xogo, cousa que a ti cústache non sei porqué, nin o quero averiguar, eche cousa túa. 
 
Gústame o que dis do proceso clarificador do referendo en Anova, e os meses que o precederon, sen dúbida foi clarificador, todos coñecemos que a ti as regras, xa cho dixen antes e o respecto polos demais, coma diría algún, impórtanche un nabo, e así todos coñecemos ou debemos coñecer esa Asemblea Comarcal de Terras do Morrazo que fundaches ti e os teus, co correspondente nomeamento de procónsules, virreis ou o que sexa nas distintas localidades, cando Anova se estrutura en Asambleias locais, por certo haberá por fin Asembleia Local en Cangas despois do proceso clarificador ou, seguirás instalado nese concepto, vou dicir romántico de “terra liberada” que eu coido de “terra queimada”, non deixando construír e consolidar o nacionalismo, senón é o que ti queres, non che digo mais, xa me entendes, prodúcese contigo aquilo que se dí sempre de: “ a parte mais ancha do funil para min e a mais estreita tamén por si é o caso” .
 
Falas de que algúns estamos atrapados nunha filosofía, non sabes canto lamento que neste caso non me teñas iluminado, ate penso que mellor estou así, pois coido que ti estás atrapado pola xenreira e a intirria e así non se constrúe nada, xa se veu que construiche en todos estes anos. Eu aos do BNG considero-os nacionalistas e de esquerdas, non se me ocorre chamarlles de dereitas, como facedes vos en plural, sabes porqué? por respecto o seu electorado para empezar e a seguir por outras cousas, moderádevos, facede xuízos obxectivos e non ideoloxistas, xa empezades a ser menos novos, sentidiño. Dito isto non concordo co BNG por iso marchei del, con moita dor persoal e sen ningunha xenreira pola organización, seguramente o problema é que eu funme, mais a ti houbo que botarte, lémbraste daquela Asembleia Nacional do Carballiño, quedáronme gravadas cousas, seguramente a ti non, coido que debes ser de memoria fráxil ou faste. 
 
De tódolos xeitos, coma estabas semeado seguiches largando, o que mais me gustou foi o de “parasitados”, que asegún o mires tería unha ou outra interpretazón, fagoa de xeito livre, Manito mira, con licenza, só podo contestarche aquilo de “ da túa boquiña rosiña calqueira cousiña”, ¡manda chover na Habana¡, toleache, ¿ti fas autocrítica algunha vez?, haberá cousa mais parasitaria que non facer nada, estar sempre en posesión da verdade absoluta, vivir na lembranza e na renda “bochechónica” e non ser capaz de acordar con outros e chegar ate o final, sen largarse, con responsabilidade, intentando convencer, escomezo a comprender a Clara Millán, que non é santa da miña devoción, honradamente coido que eu dela, tampouco. A verdade debe serche difícil iso da responsabilidade, por iso cando te comisionaron na CN de Anova para ir a Redondela para ver de arreglar politicamente as cousas, non apareciches, iso si despois apareces a predicar a insurrección no vídeo en outra xuntanza, outravolta a predicar hai que 
botalos, non os do PP, quedaches co soniquete da campaña, senón os que daquela inocentemente se consideraban os teus compañeiros : os do aparato, os oficiais, etc, etc, 
todo un exemplo da túa valentía política de sempre: escurrirte, o teu e ser sempre o bico 
da faneca. 
 
Nada sorprendente por outra banda, sempre serás capaz de superarte a ti mesmo, mireite coma aquel Ministro que dixera:“ganaremos, no se sabe quienes, pero ganaremos”, mira que non participar nas votacións e estar na primeira fila da vitoria, non é tan raposo coma o do ministro, ainda que casi. E si o referendúm saira doutro xeito, que dirías, non cho vou dicer, todos sabíamos que quedastes a esperar, o igoal que o grande santón, ti nunca estás para perder ou dar explicazóns. 
 
En fin non está a cousa para autocensura, os que queiran autocensurarse que o fagan, coma xa dixen o principio, abonda xa, preparado para aguantar a tódolos cans de presa e os seus insultos - a miña nai ensinoume que, “que ten a lingua aguda debe ter a costela dura”- e digo cans de presa porque coma non teño autoodio sei que os cans de palleiro son unha especie a protexer, remato dicíndoche aquilo do espello a Calígula,en versión livre, vaite para Roma ( tradúceo como queiras). 
 
Saúde e terra, obviamente non poden ser saúdos m-l. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Francisco Trigo Francisco Trigo Durán, Arquitecto Técnico e Enxeñeiro de Edificación, traballa coma profesional liberal con despacho propio. Foi parlamentario, Presidente de Asociacións Culturais e desenvolveu cargos directivos no seu Colexio Profesional.