A cidade inglesa de Reading impulsará o Camiño Inglés

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 05/11/2021 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña estreita lazos coa cidade británica de Reading, coa que está a traballar na promoción e sinalización do Camiño Inglés para potenciar o mercado emisor británico, principal consumidor deste itinerario.

A Deputación da Coruña colabora  coa cidade británica de Reading na promoción do Camiño Inglés
A Deputación da Coruña colabora coa cidade británica de Reading na promoción do Camiño Inglés | Fonte: Deputación da Coruña.

Os deputados Antonio Leira e José Manuel Pequeño, xunto ao presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, foron recibidos polo alcalde de Reading, David Stevens, e as autoridades locais, universidades, empresarios e asociacións da contorna.

Ademais, puxeron o primeiro sinal desta ruta xacobea en Reading, "continuando a sinalización do camiño en terras británicas, iniciada en Durham en 2016, para marcar unha ruta histórica que desde a Idade Media foi un dos puntos de confluencia de peregrinos que se dirixían cara á Coruña e Ferrol".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta