Dous talleres divulgarán no "Xantar" a "versatilidade" da carne de tenreira, boi e vaca galega

Os obradoiros do Salón Internacional de Turismo Gastronómico terán lugar este domingo en Ourense.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/11/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega e a IXP Vaca Galega/Boi Galego estarán presentes este vindeiro domingo día 7 de novembro no Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar con obradoiros profesionais centrados nas pezas singulares e técnicas culinarias para "pór en valor a versatilidade gastronómica da carne certificada que amparan".

Tenreira Galega
Tenreira Galega | Fonte: Europa Press.

O primeiro dos obradoiros celebrarase entre as doce e a unha de mediodía na Aula de Medio Rural do recinto feiral de Expourense, e será o chef Javier Rodriguez Ponte “Taky” o encargado de dirixir o obradoiro sobre os novos cortes de tenreira galega. En base a diferentes pezas da carne amparada e con propostas culinarias moi diversas, destacan dende a entidade, durante o obradoiro farase fincapé en como os novos cortes contribúen a unha "proposta culinaria saudable, avogando ademais por evitar o desperdicio de alimentos a favor dunha gastronomía máis sostible".

O segundo obradoiro, pola súa banda, incidirá na versatilidade gastronómica do vacún maior certificado, presentando cortes singulares da IXP Vaca Galega/Boi Galego e "innovadoras propostas de cociñado". De man do chef Héctor López, do Restaurante España, terá lugar de 13:30 a 14:30 horas, tamén na Aula de Medio Rural.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta