A sección oficial do Festival de Sevilla estreará a película galega 'Que fixemos mal?'

O filme dirixido e protagonizado por Liliana Torres xunto con Xulio Abonjo, Héctor Carballo e Melania Cruz iniciará en Andalucía un periplo que a levará a outros festivais internacionais como o Black Nights Filme Festival de Estonia.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/11/2021 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

A película galega 'Que fixemos mal?' estrearase na sección oficial do Festival de Sevilla, que arrinca o próximo 6 de novembro na cidade hispalense.

O filme dirixido e protagonizado por Liliana Torres xunto con Xulio Abonjo, Héctor Carballo e Melania Cruz iniciará en Andalucía un periplo que a levará a outros festivais internacionais como o Black Nights Filme Festival de Estonia.

Producida por Matriuska Producións xunto a Avalon e Ringo Media e coa participación da CRTVG, a cinta narra unha crise de parella na que ela decide empezar a visitar os seus antigos noivos para atopar respostas.

Ademais, outro dos proxectos audiovisuais que conta co apoio do ente público galego foi seleccionado nos premios Forqué. Trátase de 'Tres', que compite nas categorías de mellor longametraxe e mellor intepretación para a actriz galega Luísa Merelas.

Pola súa banda, o documental 'Welcome to ma maison' de Andrés Gotera competirá no Festival de Xixón, que arrinca o próximo día 20. Conta a historia do actor Igor Fernández, que decide tras un colapso emocional afastarse da interpretación e centrarse na investigación do cinema.

Cinema. EUROPA PRESS - Arquivo
Cinema. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta