Miñones anuncia 3,6 millóns do Goberno central para a transformación dixital de cidades galegas

Os ministerios de Política Territorial e de Asuntos Económicos yTransformación Dixital serán os encargados de xestionar esta liña deayudas, que se destinan a municipios con máis de 50.000 habitantes, ou con poboación inferior se son capital de provincia e que poden solicitarse ata o 15 de decembro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2021 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou que as cidades galegas poderán recibir 3,6 millóns de euros de subvencións que concede o Goberno central para a transformación dixital e modernización das entidades locais no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Así o sinalou nun comunicado remitido aos medios este sábado, xornada na que animou aos concellos de Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago, Pontevedra e Ferrol a optar a estas axudas do Goberno que poderán ser solicitadas ata o 15 de decembro.

O delegado do Goberno explicou que estes fondos supoñen unha boa oportunidade para que as cidades galegas melloren e modernicen a súa organización coa incorporación de tecnoloxías da información,dixitalización dos procedementos administrativos e adaptación da súa xestión a medios dixitais.

Os ministerios de Política Territorial e de Asuntos Económicos yTransformación Dixital serán os encargados de xestionar esta liña deayudas, que se destinan a municipios con máis de 50.000 habitantes, ou con poboación inferior se son capital de provincia e que poden solicitarse ata o 15 de decembro.

A Delegación do Goberno sinalou a contía máxima das axudas, segundo a poboación de 2020, será para Vigo. Así, con 296.692 habitantes no pasado exercicio recibirá 1.084.686 euros. Pola súa banda, A Coruña, con 247.604 veciños, beneficiarase de 921.112 euros; mentres que Ourense, con 105.643 habitantes, poderá optar a 393.002 euros.

Ademais, a Lugo, con 98.519 habitantes, lle 366.500,93 euros; a Santiago de Compostela, con 97.848, un total de 364.004 euros; a Pontevedra, con 83.260 veciños, 309.735 euros; e, por último, a Ferrol, 65.560 habitantes, 243.890 euros.

Para facilitar o acceso á convocatoria, a Secretaría Xeral de Administración Dixital publicou, dentro da páxina aberta para o fondo, unhas guías técnicas, sobre aspectos xerais e específicos dos requisitos das actuacións financiables, criterios de elexibilidade dos proxectos, proxectos prioritarios e obrigatorios, as distintas liñas de actuación, o formato dos proxectos e a memoria técnica que as entidades locais teñen que presentar.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones | Fonte: Delegación do Goberno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta