Cécile Mc Lorin Salvant actúa este martes en Pontevedra no marco do ciclo "Xacobeo Importa"

O 25 de novembro será a quenda de Christian Löffler no Mondo Club de Vigo.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 08/11/2021 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

A artista Cécile Mc Lorin Salvant actuará este martes en Pontevedra como parte do programa da X edición do ciclo de concertos internacionais 'Xacobeo Importa', impulsados por Sweet Nocturna co apoio da Xunta.

A cita será no Auditorio Afundación de Pontevedra a partir das 21,00 horas. A vocalista, xa consolidada como un dos referentes do jazz na actualidade, levou o seu talento aos principais auditorios do mundo e foi recoñecida con tres premios Grammy na categoría de 'Best Jazz vocal album', entre outros premios.

Unhas semanas despois, o 25 de novembro, será a quenda de Christian Löffler no Mondo Club de Vigo. O autor está considerado como unha das iconas da nova electrónica cunha mestura de "euforia e melancolía" e acudirá á cidade olívica a presentar as súas dous últimos discos: 'Lys' (2020) e 'Parallels' (2021), este último unha homenaxe experimental e electrónica a Beethoven

Finalmente, o Teatro Principal de Ourense acollerá o concerto da banda Cracker o 4 de decembro, onde os asistentes poderán gozar do rock alternativo deste conxunto californiano impulsado polo vocalista David Lowery (fundador de Camper Van Beethoven) e o guitarrista Johnny Hickman.

Teatro de Afundación en Pontevedra
Teatro de Afundación en Pontevedra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta