A Deputación da Coruña recorrerá o fallo que lle impide realizar un estudo para eliminar un punto negro en Guísamo

Por E.P. | Santiago de Compostela | 08/11/2021 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña recorrerá a sentenza do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña pola que se denega o acceso á leira 'Villa Julia' para poder realizar o estudo topográfico necesario para levar a cabo a redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada DP-0810, de Guísamo a Guiliade, no Concello de Bergondo.

DP-0810
DP-0810 | Fonte: Google Maps.

O ente provincial traslada o seu respecto á sentenza, "que se basea no dereito á inviolabilidade da vivenda", pero manifesta que non a comparte, polo que presentará un recurso de apelación, "xa que no fondo da cuestión hai un grave problema de seguridade viaria que precisa dunha solución inmediata".

Desde a Deputación lembran que nese lugar existe un "punto negro" de tráfico cunha estrada moi estreita que debe ser ampliada, xa que non cumpre os mínimos estándares de seguridade requiridos e na que xa houbo que lamentar a morte dunha persoa".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta