O Concello da Coruña instala unha escultura en homenaxe aos sanitarios obra de Emilio Celeiro

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, destacou a xenerosidade do escultor coa cidade. "A peza que hoxe inauguramos está considerada como a máis importante das esculturas de Celeiro".

Por E.P. | A CORUÑA | 09/11/2021 | Actualizada ás 16:04

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña instalou nos xardíns de Méndez Núñez a escultura 'Xente', cedida polo escultor coruñés Emilio Celeiro e que supón unha homenaxe ao persoal sanitario polo seu labor durante a pandemia.

No acto, a rexedora destacou a xenerosidade do escultor coa cidade. "A peza que hoxe inauguramos está considerada como a máis importante das esculturas de Celeiro", subliñou, destacando, ademais, a traxectoria deste artista.

"Estamos ante un auténtico exemplo de facer cidade", dixo nun acto no que remarcou que a instalación da peza supón unha dobre homenaxe, ao persoal sanitario e ao artista coruñés.

Pola súa banda, Celeiro cualificou de "gran honra" o que a súa cidade acolla unha estatua súa e especialmente que estea dedicada "a todos os sanitarios que nos axudaron, arriscando as súas vidas".

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, xunto ao escultor Emilio Celeiro, inaugura unha estatuta do artista en homenaxe aos sanitarios. ANDY PEREZ
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, xunto ao escultor Emilio Celeiro, inaugura unha estatuta do artista en homenaxe aos sanitarios. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta