Socialistas de Ourense marcharán cara a Madrid para denunciar a "repartición caciquil" de fondos de Baltar

Acusa o presidente da Deputación de "facer unha repartición caciquil" dos mesmos.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 09/11/2021 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

Os deputados provinciais do Partido Socialista de Ourense marcharán ata Madrid para esixir "unha repartición xusta, equitativa e democrática" dos fondos públicos da Deputación, presidida por Manuel Baltar, a quen acusan de "facer unha repartición caciquil" dos mesmos. Así, presentaron a iniciativa "Un millón de pasos por Ourense" coa que pretenden reclamar o amparo das institucións estatais co fin de acabar con ese estilo de repartición.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no Senado
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no Senado | Fonte: Deputación de Ourense.

"Actualmente nove de cada dez euros desta institución acaban en concellos gobernados polo Partido Popular a través de acordos a dedo. Esa de unha situación anómala e única en todo o Estado", denunciaron.

É por esta razón que os nove cargos socialistas comezarán este mércores unha camiñada de medio milleiro de quilómetros, en quendas de 24 horas ao día, co fin de chegar á capital do Estado antes do luns 15 de novembro, xusto antes do debate do estado da provincia.

O grupo partirá ás 16.00 horas desde a contorna do Pazo Provincial da capital ourensá e no primeiro tramo estarán acompañados por alcaldes e alcaldesas e outros cargos institucionais do Partido Socialista de Galicia.

Ademais durante o percorrido tamén manterán encontros con cargos públicos de Castela e León.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta