As residencias de maiores mantéñense en mínimos con tres usuarios contaxiados

Mentres, os centros de discapacidade baixan a sete casos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2021 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

O brote de Covid-19 detectado hai dúas semanas nunha residencia de discapacidade do municipio ourensán de Barbadás con 12 usuarios infectados descende a sete casos, mentres que nos centros de maiores aumentan a tres os residentes contaxiados, dous nun de Vigo e un noutro de Forcarei.

Segundo os datos actualizados este mércores polas consellerías de Política Social e Sanidade --que publican semanalmente os casos en residencias--, no centro de discapacidade As Burgas de Barbadás baixan a sete os usuarios contaxiados con Covid, cinco menos que hai unha semana.

Esa ducia de contaxios supuxeron o 60 por cento dos 20 usuarios que atende esta residencia contaxiados. Tras detectarse o brote, os residentes, incluídos os que deron negativo na proba Covid, segundo indicou Política Social, foron illados polo protocolo do centro.

RESIDENCIAS DE MAIORES

En canto ás residencias de maiores en Galicia, aumentan de dous a tres os usuarios contaxiados de Covid-19, dous deles nun centro en Vigo e outro nun en Forcarei. En concreto, o brote na Residencia Clece Vitam Pardo Bazán de Vigo mantén dous casos como fai sete días. A estes súmase un contaxiado na Residencia Nosa Señora Dores de Forcarei.

Arquivo - Unha residencia de maiores de Galicia.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Unha residencia de maiores de Galicia.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta