O Concello da Coruña pagará 172.339 euros en misas para herdar un edificio histórico

Ese foi o acordo do antigo dono do inmoble, situado no centro da cidade, que se comprometeu a legar o histórico edificio a cambio de que o consistorio velara a súa memoria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2021 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña abonará 172.339 euros para herdar o edificio que o filántropo Manuel Piñeiro Pouse legou á cidade a cambio de que a administración local pagase unhas misas na súa memoria e velase pola súa sepultura. Isto tiña un custo de 140.000 pesetas en 1940, momento do seu falecemento, que foi actualizado ao seu valor en 2021.

Así o explicou a alcaldesa, Inés Rey, durante unha rolda de prensa na que informou os asuntos da Xunta de Goberno Local. Rey lembrou que este trámite tiña que producirse en 1970, pero que non foi ata 1999 cando empezaron as xestións municipais. A rexedora lembrou que actualmente hai veciños e veciñas residindo no edificio, con todo pediu "tranquilidade", xa que o Concello analizará cada situación "en profundidade" e respectará os contratos asinados e "os dereitos dos inquilinos".

Segundo expuxo, o obxectivo é que a "medio prazo" o edificio se destine a "usos públicos". Inés Rei cualificou o inmoble como "histórico", e destacou o seu valor, "non só económico, senón tamén arquitectónico e de patrimonio". "El quería que fose para os coruñeses e para os coruñeses será", engadiu.

Xunta de Goberno da Coruña. ANDY PEREZ
Xunta de Goberno da Coruña. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta