Barreras traslada as súas condolencias polo falecemento do seu exconselleiro delegado

O corpo, atopado sen vida no Palace de Madrid, non presentaba signos de violencia.

Por E.P. | VIGO | 10/11/2021 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

Hijos de J. Barreras trasladou as súas condolencias polo falecemento do que fora o seu conselleiro delegado, José Ismael Rosado, e que foi atopado sen vida nun hotel de Madrid.

A empresa manifestou a súa "consternación" pola recente noticia do falecemento de José Rosado a través dun comunicado no que transmitiu as súas "condolencias", "agarimo" e "afecto" aos seus familiares e seres queridos. Así mesmo, Barreras pediu "respecto e privacidade" para os seus achegados "nestes duros momentos de loito".

José Rosado exerceu como conselleiro delegado e membro do Consello de Administración Barreras desde finais de 2020, cando Cruise Yardco, filial de The Ritz Carlton, se fixo co control do estaleiro. Posteriormente, en xullo de 2021 foi cesado xunto ao resto do consello pola consultora Kroll, que pasou a situarse así á fronte de Barreras. Durante o período no que exerceu como conselleiro delegado, a empresa recalcou que "desempeñou un excelente labor" que "lle agradece profundamente".

Segundo puido confirmar Europa Press, comprobouse que o corpo atopado hai uns días nunha habitación do hotel Palace de Madrid por traballadores do recinto hoteleiro corresponde a Rosado. Tras avisarse á Policía, os axentes chegaron ao lugar e recolleron probas e testemuños.

De acordo coas primeiras pescudas, o cadáver non mostraba signos de violencia. Non había lesións, nin negróns nin indicios de asfixia, polo que as primeiras hipóteses apuntan a que se trata dunha morte natural, tal e como indicaron Europa Press fontes da Xefatura Superior da Policía de Madrid.

No entanto, os axentes da Brigada da Policía Científica que realizaron unha inspección da habitación e atopárona revolta, faltando algunhas das súas pertenzas o falecido, polo que podería tratarse dun roubo.

Barreras
Barreras | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta