Máis de 1.000 cirurxiáns debaten na Coruña sobre cirurxía robótica e innovación "segura e sustentable"

Celebrarase ata o venres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2021 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

Máis de 1.000 cirurxiáns debaten na Coruña sobre cirurxía robótica e innovación "segura e sustentable", no marco da XXIII Reunión Nacional de Cirurxía da Asociación Española de Cirurxiáns (AEC), que se celebra na cidade ata o venres.

Á inauguración, no Palacio de Congresos e Exposicións da Coruña (Palexco), asistiron o xerente do Sergas, José Flores, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, así como o presidente da AEC, Salvador Noguera, e o doutor Francisco Noguera, presidente desta XXIII Reunión Nacional.

Baixo a lema 'Innovación, seguridade e sustentabilidade', os asistentes participan nun encontro que busca "aumentar os coñecementos en beneficio dos pacientes e, ao mesmo tempo, compartir, a través de mesas de traballo, conferencias, talleres e cirurxías en directo os últimos avances en tecnoloxía".

A formación de mozas en cirurxía robótica con demostracións en directo tamén será outra das cuestións protagonistas nesta primeira xornada.

Intervención co robot cirurxián Da Vinci
Intervención co robot cirurxián Da Vinci | Fonte: cedida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta