A Deputación da Coruña promove unha campaña para fomentar o galego na ciencia

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/11/2021 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña, a través da área de Normalización Lingüística, pon en marcha este mércores, Día da Ciencia en Galego, a campaña 'As Palabras da Ciencia'.

A Deputación da Coruña promove unha campaña en Internet para fomentar o galego na ciencia.
A Deputación da Coruña promove unha campaña en Internet para fomentar o galego na ciencia.

Segundo informa, a iniciativa, que se estenderá ata final de mes, quere mostrar "o firme compromiso da institución provincial co mundo científico e a importancia de dinamizar o galego nun sector de indubidable referencia social".

Sobre o proxecto, resalta tamén que "quere servir de pequeno escaparate do labor de tantas mulleres e homes que traballan en múltiples disciplinas científicas e quere facelo coas nosas palabras, porque en galego tamén se constrúe ciencia".

A campaña, que contará cunha imaxe gráfica propia, difundirá nas redes sociais da institución provincial contidos que asocian os valores da ciencia co uso do idioma.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta