Aparcadoiro e autobús de balde para ir ao San Martiño

O Concello de Teo habilitará para este San Martiño un aparcadoiro de balde na N-550 con autobús dende ese punto á feria do San Martiño.

Por X.M. Fernández | Teo | 11/11/2021 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Os accesos á carballeira son sempre complicados na Feira do San Martiño, polo que o Concello de Teo oferta para esta xornada un espazo para deixar o vehículo de balde e poder ir ata a carballeira en autobús. 

Feira San Martiño en Teo. Foto: Xaime Cortizo
Feira San Martiño en Teo. Foto: Xaime Cortizo

O aparcamento está na N-550, entre o restaurante Cierto Blando e o bar Tía María, concretamente na parcela nº 13 da rúa dos Irmáns Liste Forján (Ameneiro-Calo). Pódese ver a localización concreta nesta ligazón.

O servizo de traslado á carballeira funcionará dende as 09:00 ata as 18:00 horas de xeito ininterrumpido e cada 15 minutos. 

A programación do San Martiño para este xoves 11 de novembro destaca pola presenza dun mercado tradicional no que haberá: artesanía, viños teenses, mercado labrego e demostración zoqueira coa presenza de Elena Ferro. Na entrada da feira poderase atopar a Barraca de Barriga Verde e a  animación de rúa correrá a cargo do Cego na feira --con Oli Xiráldez--, de Ce Orquestra Pantasma e do grupo Os Roncos da SR de Calo

OLLADAS DO SAN MARTIÑO

Os fotógrafos Óscar Corral, Noel Feáns e Charo Lopes vivirán a feira dende ben cedo e irán compartindo en redes as imaxes co cancelo #SanMartiñoTeo2021. Posteriormente usaranse as súas imaxes para editar un libro de fotos sobre o San Martiño con distintas olladas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta