A calidade de vida empeora en Galicia en 2020 e rompe con cinco anos consecutivos de subida

Observáse unha diminución na calidade nas condicións materiais de vida, saúde ou medio ambiente

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2021 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

A calidade de vida empeorou en Galicia en 2020 en comparación con 2019, segundo a estatística experimental que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE), que se basea nun total de nove dimensións --que agrupan 55 indicadores--.

Este Indicador Multidimensional de Calidade de Vida (IMCV) arroxa que Galicia baixou a 100,370 puntos en función das diferentes variables, menos que os 100,450 puntos do anterior ano.

Ademais, atópase por baixo da media española (101,71 puntos), que tamén sofre un retroceso fronte aos 102,06 puntos de 2019.

Deste xeito, rompe con cinco anos consecutivos de subida na comunidade galega, entre 2015 e 2019. A última caída neste indicador produciuse en 2014.

Así, obsérvase unha diminución na calidade de indicadores en Galicia como condicións materiais de vida, saúde ou medio ambiente. En cambio, soben traballo e educación.

Varias persoas na terraza dun bar, a 18 de setembro de 2021, na Coruña.. M. Dylan - Europa Press
Varias persoas na terraza dun bar, a 18 de setembro de 2021, na Coruña.. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta