Aberto ata este luns o prazo de candidaturas aos Premios Bioga, que recoñecen a empresas biotecnolóxicas

Santiago de Compostela acollerá a inicios do mes de decembro a entrega de premios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2021 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

A Axencia Galega de Innovación e o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida convocan o XI Premios Bioga para "recoñecer o traballo das empresas biotecnológicas e pór en valor o talento emprendedor". O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia (Bioga) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) buscan á mellor idea empresarial biotech, a firma biotecnolóxica máis competitiva e a empresa máis innovadora de Galicia en 2021.

O prazo para a presentación de candidaturas, xa aberto, finaliza este luns, 15 de novembro. A cidade de Santiago de Compostela acollerá a inicios do mes de decembro a entrega de premios.

"Un ano máis queremos recoñecer o labor, o traballo e o esforzo das empresas do sector bio e, ao mesmo tempo, promover o talento e a iniciativa entre emprendedores galegos que comezan a abrirse camiño no mundo empresarial bio", asegura a presidenta de Bioga, Carme Pampín.

O xurado que elixirá as firmas premiadas entre as candidaturas recibidas estará formado pola xunta directiva de Bioga, un representante da Universidade de Santiago de Compostela (USC), un representante das fundacións biomédicas de Galicia, un representante da Axencia Galega da Innovación, tres representantes relevantes do sector biotech galego e os gañadores da edición 2020 (Libera Bio, BETA Implants e Galacteum).

Premio Bioga 2020. BIOGA
Premio Bioga 2020. BIOGA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta