Instalar placas solares nunha casa: ventaxas e inconvenientes das tres modalidades do mercado

A alternativa do autoabastecemento gaña adeptos ante a suba da factura da luz.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Todas as Comunidades Autónomas do Español sofren neste outono os maiores picos de prezo no tocante á factura da luz; uns custes que se multiplicaron ata cinco veces máis do importe que había que achegar hai un ano e que o Goberno insiste se reducirán nos próximos meses. Alén do rumbo que poida tomar este futuro, cómpre preguntarse por que España, que se atopa á cabeza de potencia instalada en enerxías renovables, segue a sufrir un incremento da luz ata máximos históricos. 

Placas solares
Placas solares | Fonte: Ecoloxistas en Acción

 

O certo é que, aínda que nun comezo a oposición estatal tratou de cargar sobre as costas do goberno a responsabilidade da suba da luz, co pasar das semanas foron cada vez máis as voces de expertos que apuntaban a unha crecente escaseza de combustibles fósiles e gas a nivel do mercado internacional. Fronte a esta circunstancia, as placas solares de autoconsumo semellan ser unha das mellores alternativas para reducir a factura e, de paso, coidar o medio. 

 

O certo é que esta modalidade enerxética está en auxe. Segundo a Unión Española Fotovoltaica (UNEF), tan só o ano pasado instaláronse 596 MW DE placas para autoconsumo, o que supón un 30% máis que en 2019; iso antes de que estalara a crise enerxética. Doutra banda, a Asociación de Empresas de Enerxía Eléctrica espera que grazas a estes avances en 2021 ata un 54% da enerxía utilizada no país proveña de fontes renovables. Doutra banda, e segundo apuntan dende a empresa Anovo, unha instalación solar pode chegar a aforrar ata 178 toneladas de dióxido de carbono nuns 30 anos.

 

TRES TIPOS DE INSTALACIÓNS

 

Dende a compañía apuntan a que existen tres tipos de instalacións, que, dependendo das características e orzamento de cada comprador, se adaptan mellor ás necesidades de cada un. Así, por unha banda están as instalacións "on-grid", que se caracterizan por estar conectados constantemente á rede eléctrica. Segundo explican dende a compañía, este tipo de solucións son as máis económidas e habituais xa que a súa instalación é "moi sinxela debido a que contan con poucos elementos".

 

"Están pensados para os usuarios que teñan o seu consumo concentrado durante as horas de luz solar. Así mesmo, se o consumo doméstico é inferior ao da produción solar, poderase inxectar á rede ese excedente de enerxía coa respectiva compensación económica por parte da compañía eléctrica", explican, cifrando a retribución en 5 céntimos por cada w inxectado.

 

A opción off-grid sería máis adecuada para zonas rurais ou ou autocaravanas, xa que non necesita necesariamente a rede eléctrica para o seu funcionamento. Estes sistemas, explican dende Anovo, "funcionan cunha batería que almacenará a enerxía para poder facer uso en momentos nos que non haxa produción solar, é dicir, durante a noite. Hai que estar atentos xa que se non se fai un bo estudo previo á instalación, o prezo do investidor podería ser elevado". Tamén se pode escoller unha modalidade híbrida que concentra as ventaxas de ambos, deixando o aforro enerxético ao alcance da man... sempre que o ceo estea despexado. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta