CC.OO. e UGT denuncian a "ameaza" da CIG no sector da construción

Aseguran que podería deixar ao sector da Coruña sen o calendario laboral que estas dúas plataformas asinaron coa patronal.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2021 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

Comisións Obreiras e UGT denuncian a "ameaza" da CIG no tocante ao calendario laboral do sector da construción na Coruña. Ambas plataformas acusan á Confederación de pretender "deixar" sen calendario ao sector, todo despois de que estas dúas formacións asinaran coa patronal un calendario laboral que garante 25 días adicionais de descanso para as traballadoras e traballadores do ámbito, segundo apuntan.

Construción de vivendas. A XUNTA
Construción de vivendas. A XUNTA

Para as asociacións resulta "sorprendente" a postura da CIG, coa que, con todo, coinciden en que o descanso é "fundamental para a prevención de accidentes laborais". Desde CCOO e UGT defenden que o sector da construción debe contar con "seguridade xurídica" e lamentan a "dobre moral" da CIG. Poñen como exemplo que os nacionalistas asinaron en solitario o calendario 2022 do sector da pintura, cunha xornada moi superior á da construción.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta