A economía de Feijóo: a inflación galega dispárase ao 5,7% en outubro, o seu nivel máis alto desde 1992

Galicia supera en 5,4% a inflación media do Estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2021 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) continúa coa súa escalada en outubro en Galicia e dispárase un 5,7% en relación ao mesmo mes do ano anterior, por encima da media estatal (+5,4%), segundo os datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Deste xeito, a inflación galega alcanzan niveis de incremento que non se rexistraban desde comezos de 1992, xa que en xullo de 2008 tan só chegouse ao 5,6%, por baixo da actual cifra. A subida interanual na comunidade galega é a quinta maior entre comunidades, que encabeza Castela-A Mancha (+6,5%), seguida de Castela e León (+6,1%).

IPC galego en outubro de 2021. EPDATA
IPC galego en outubro de 2021. EPDATA | Fonte: Europa Press

En comparación con setembro, o incremento do IPC galego é do 1,8%. Pola súa banda, no acumulado do que vai de ano, entre xaneiro e outubro, o repunte sitúase no 5,2%.

Por grupos de consumo, o maior encarecemento interanual segue provocado polo aumento do prezo a electricidade, así como do gas e gasóleo para calefacción, que se agrupan no epígrafe de vivenda (+24,2%). Séguelle o transporte (+12,5%). A máis distancia atópase repuntes como os de hoteis, cafés e restaurantes (+2,5)%. Tan só baixan as comunicacións (-0,5%).

Na comparación mensual con outubro, vestido e calzado experimentan o aumento máis acusado (+12,5). A segunda maior subida é a de vivenda (electricidade e combustibles) un 4,6%. No outro extremo, só baixan comunicacións (-0,7%) e medicamento (-0,3%).

DATOS ESTATAIS

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu un 1,8% en outubro en relación ao mes anterior e disparou a súa taxa interanual ata o 5,4% en España, case 1,5 puntos por encima da taxa de setembro e o seu nivel máis alto en 29 anos, debido o encarecemento da electricidade e das gasolinas, segundo os datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta