O PSdeG chama a participar na mobilización do domingo ante a "deriva" en materia sanitaria da Xunta

Censura que Feijóo mostre preocupación ante o risco da sexta onda e ao tempo despida a centos de profesionais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2021 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, fixo un chamamento a participar na manifestación convocada o vindeiro domingo en Santiago pola plataforma SOS Sanidade Pública en protesta pola deriva "en materia sanitaria do Goberno galego que preside Alberto Núñez Feijóo.

O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, nunha rolda de prensa. PSDEG
O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, nunha rolda de prensa. PSDEG | Fonte: Europa Press

Nunha rolda de prensa celebrada este venres no Pazo do Hórreo, Caballero censurou que Feijóo "mostre a súa preocupación" ante os "riscos dunha sexta onda" da pandemia "ao mesmo tempo que despide por centos de profesionais" da sanidade que actuaron como reforzo no Sergas no último ano e medio.

Tras incidir na importancia de "extremar precaucións" para evitar o empeoramento da situación epidemiolóxica, especialmente cando se achegan as festas do Nadal, o portavoz dos socialistas na Cámara autonómica apelou á Xunta "comprometerse" coa sanidade pública.

Por este motivo, confirmou que o PSdeG participará na protesta do próximo domingo en Santiago, á vez que avanzou a presentación de emendas aos orzamentos da Xunta para 2022. E é que, para Caballero, é preciso paliar "a redución das partidas para atención primaria ou saúde pública, dous alicerces fundamentais para a reactivación para a etapa postcovid".

Así as cousas, as emendas do Grupo Socialista irán na liña de aumentar o gasto en recursos e persoal no Servizo Galego de Saúde para, deste xeito, facer que a Xunta "rectique o seu desprezo e ataque á sanidade pública".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta