Agadic convocará a finais de ano novas axudas para proxectos audiovisuais

As actuacións irán ao amparo dos fondos europeos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2021 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convocará a finais de ano novas axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais, segundo expuxo o seu director, Jacobo Sutil, na súa comparecencia na Comisión 4ª de Cultura e Educación do Parlamento galego. Fíxoo en resposta a unha pregunta presentada polos populares en relación ás iniciativas de Agadic durante a pandemia e de face a este exercicio.

Na súa intervención, o director de Agadic subliñou as actuacións que irán ao amparo das axudas de fondos europeos, con iniciativas que, entre outros obxectivos, buscarán incentivar a oferta cultural en zonas non urbanas e modernizar infraestruturas.

Ademais de destacar as actuacións acometidas durante a pandemia, expuxo sobre o Hub audiovisual da Xunta que vai "máis lento" do que lles gustaría, pero vinculouno á necesidade de "esixir un extra" para garantir fondos eurpoeos. No entanto, dixo que pronto deberían xa "ver a luz" varios proxectos.

Jacobo Sutil. XOÁN CRESPO
Jacobo Sutil. XOÁN CRESPO | Fonte: XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta