Román Rodríguez reivindica a empregabilidade na FP, en torno ao 90%

O conselleiro de Educación acudiu á entrega de premios aos 50 gañadores de 'Galiciaskills'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2021 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, aproveitou a entrega de premios de 'Galiciaskills 2021', as olimpíadas da Formación Profesional galega, para facer unha reivindicación das altas cotas de empregabilidade no ensino da FP. En concreto, remarcou que a empregabilidade da FP galega ao redor dun 90% e en "practicamente o 100%" cando se trata da FP Dual.

Na gala, o conselleiro puxo en valor o modelo de ensino da FP na comunidade, antes de afirmar que, "agora máis que nunca", a Formación Profesional é "sinónimo de prestixio, competitividade, empregabilidade e adaptación á contorna laboral". Engadiu que, nos últimos anos, a FP tivo "unha revolución silenciosa" corroborada polas cifras de matriculados e a taxa de empregabilidade.

En canto ao número de matriculados, Román Rodríguez indicou que actualmente as cifras de alumnos inscritos en FP "duplican practicamente" aos que había hai 10 anos, "ata superar a barreira dos 60.000 estudantes". No caso da taxa de emprego, que rolda o 90%, "hai unha década estaba no 50 e pouco".

50 GAÑADORES

En total houbo 50 gañadores en 'Galiciaskills 2021', e estes serán os que representen á comunidade en 'Spainskills' en marzo de 2022. O conselleiro sinalou aos gañadores como expoñentes "da calidade e modernización da Formación Profesional galega".

As olimpíadas galegas de FP celebráronse entre o 5 e o 8 de outubro nos 11 centros formativos de FP que hai en todo o territorio galego. En total disputáronse 23 competicións organizadas por 22 expertos e colaboraron 70 empresas.

O conselleiro de Educación participa na entrega de premios de 'Galiciaskills'.. CONCHI PAZ/XUNTA / Europa Press
O conselleiro de Educación participa na entrega de premios de 'Galiciaskills'.. CONCHI PAZ/XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta