Comunidades de montes denuncian un "novo intento do PP" de eliminar os montes en man común

Faríase, segundo apuntan, mediante a lei de acompañamento aos orzamentos xerais de Xunta para o ano 2022.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/11/2021 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

A ORGACCMM vén de denunciar que as modificacións da lei de montes que impulsa o Partido Popular "teñen como obxetivo a eliminación dos montes veciñais en man común, que son unha seña de identidade do noso país".

Masa forestal entre as aldeas de Froxán e Vilamor, cuxos tons comezan a mudar dos verdes aos ocres, nos montes da Serra do Courel, en Lugo
Masa forestal entre as aldeas de Froxán e Vilamor, cuxos tons comezan a mudar dos verdes aos ocres, nos montes da Serra do Courel, en Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Segundo indican dende a organización, estas modificacións á actual lei vixente faríanse mediante a lei de acompañamento aos orzamentos xerais de Xunta para o ano 2022. Así, a ORGACCMM fai un chamamento ás entidades e organizacións que viven, traballan ou xestionan o medio rural para que rexeiten estas modificacións.

A Organización Galega de Comunidades de Montes indica que, de saír adiante esta lei, "bastará con que a Conselleria do Medio Rural declare un monte veciñal en estado de grave abandono ou degradado para que este sexa enaxenado e entregado a unha empresa forestal para que o explote". Esta declaración de monte veciñal abandonado pode basearse en cuestións "meramente burocráticas" como pode ser non enviar a tempo do listado da veciñanza comuneira.

Ademais, dende a organización destacan que coas modificacións que plantexa o Partido Popular, de ser o caso, o monte comunal entregaríase por 50 anos e a veciñanza comuneira non podería recuperar a xestión do seu monte veciñal ate pasado ese tempo. Algo que "fai inviable unha continuidade ou recuperación da xestión comunal do monte".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta