Sanidade presume de alcanzar o "60% de presencialidade" en atención primaria dous meses antes do prazo fixado

Julio García Comesaña afirmou que remitiron ao Ministerio a petición de 64 novas prazas de médicos de atención primaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2021 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ratificou este venres que a atención primaria logrou un "60 por cento de presencialidade", o obxectivo marcado para alcanzar a finais deste ano, é dicir, case dous meses antes.

O pasado mércores, nunha das súas intervencións na Cámara galega, defendeu o compromiso da Xunta con este ámbito da atención e, de novo este venres, afirmou que se cumprirán todos os aspectos do documento de atención primaria.

Así, remarcou que a presencialidade das citas médicas en atención primaria alcanzou o 60 por cento. Aínda que defendeu que foi "fundamental" durante a pandemia a vía telefónica para atender aos pacientes, xa se deu un paso adiante na atención en formato presencial, cun 60 por cento, que era o obxectivo marcado para finais de ano.

En canto á situación de persoal, lembrou que Galicia xa enviou ao Ministerio de Sanidade a documentación de petición de 64 novas prazas de médicos de atención primaria, que confían en que se lles acrediten.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no pleno da Cámara galega / Xunta de Galicia. / Europa Press
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no pleno da Cámara galega / Xunta de Galicia. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta