Denuncian o "colapso" do Xulgado de Instrución nº2 de Ferrol especializado en violencia machista

Comisións Obreiras require unha "solución extraordinaria" para que o servizo sexa "efectivo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2021 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

O sindicato Comisións Obreiras denunciou o colapso do Xulgado de Instrución nº2 de Ferrol especializado na loita contra a Violencia de Xénero. Segundo explicou o sindicato nun comunicado, os problemas implican "a desprotección de colectivos vulnerables" que, sinalan, "merecen unha atención especial con actuacións decididas e orzadas, máis aló das campañas de sensibilización".

A problemática, recalcan, radica na "excesiva" rotación do persoal funcionario, incluída a cabeza do órgano, a demora na cobertura de vacantes --"coa marcha de dúas persoas recentemente"--, e o incremento das causas. Esta "treboada perfecta" provocou un "colapso de expedientes" que require dunha "solución extraordinaria" para que o servizo público sexa "efectivo".

A este respecto, o sindicato achega solucións concretas, que pasarían polo nomeamento de dous funcionarios de reforzo, un de tramitación e outro de auxilio "polo tempo necesario para pór ao día o xulgado"; así como a aprobación de prolongacións de xornada no órgano para permitir que o trámite diario "poida compaxinarse polos actuais ocupantes do xulgado coa posta ao día dos asuntos atrasados".

CCOO recalcou que ante as denuncias, publicadas polos propios traballadores, organizadores sindicais, operadores xurídicos e mesmo polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a Dirección Xeral de Xustiza" --responsable da dotación de medios persoais e materiais nos xulgados galegos-- "permanece inerte ante as reivindicacións".

Xulgados. EUROPA PRESS-FÁTIMA SOUTO
Xulgados. EUROPA PRESS-FÁTIMA SOUTO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta