Falece un home de 70 anos que fora diagnosticado con Covid

As vítimas mortais da pandemia ascenden a 2.656.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2021 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou na tarde deste domingo o falecemento dun home de 70 anos que estaba diagnosticado de covid-19 e que contaba con patoloxías previas.

A morte deste home no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) é a primeira rexistrada desde o pasado luns, cando Sanidade notificou outros dous óbitos.

Co falecemento deste home, o número de vítimas que deixa a pandemia da covid-19 en Galicia ascendeu a 2.656.

Novas camas de UCI habilitadas nun hospital para pacientes con coronavirus, COVID-19
Novas camas de UCI habilitadas nun hospital para pacientes con coronavirus, COVID-19 | Fonte: ASTURSALUD

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta