O novo reitor da Universidade de Santiago sairá elixido o 23 de febreiro

Elixiranse os representantes de todos os sectores no claustro universitario.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/11/2021 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela --con campus tamén en Lugo-- adianta eleccións e o próximo reitor ou reitora será elixido o próximo 23 de febreiro, data da xornada de votación segundo o calendario establecido na resolución reitoral publicada este luns.

Nesta mesma data elixiranse os representantes de todos os sectores no claustro universitario, así como os estudantes nas xuntas de centro. O obxectivo do adianto electoral é "evitar que se dilaten os tempos de constitución dos órganos colexiados e, desta forma, que o próximo equipo de goberno poida adoptar as súas propias decisións en materia orzamentaria.

Desde este mesmo luns 15, xa se pode realizar a consulta individualizada de inclusión nos censos provisionais, segundo informa a USC. Outra data destacada do calendario é a publicación do censo definitivo, o próximo 29 de novembro.

Ademais, o período para presentar candidaturas nos tres procesos estenderase entre o 30 de novembro e o 13 de decembro. A presentación deste trámite e dos escritos relacionados deberá realizarse a través da aplicación electoral antes das 14 horas do día en que finaliza o prazo de presentación.

Outro dos fitos é o 14 de febreiro, data na que está previsto que se faga a proclamación definitiva que dará paso ao desenvolvemento da campaña electoral entre os días 15 e 21 de febreiro. Tras a xornada de reflexión o 22 dese mes, as votacións realizaranse por vía electrónica o 23 de febreiro, entre as 9 e as 19 horas.

Se non hai unha que levar a cabo unha segunda volta, a proclamación do próximo reitor ou reitora da universidade será o 9 de marzo.

O reitor da USC, Antonio López, e o xerente e responsable de covid-19, Javier Ferreira, en rolda de prensa este martes para facer balance do inicio do curso na universidade compostelá. USC
O reitor da USC, Antonio López, e o xerente e responsable de covid-19, Javier Ferreira, en rolda de prensa este martes para facer balance do inicio do curso na universidade compostelá. USC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta