A Cámara albergará a semana próxima o pleno do debate da totalidade dos orzamentos galegos para 2022

A reforma legal que recoñece a violencia dixital como nova forma de violencia machista quedará aprobada na sesión definitiva.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2021 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, avanzou, tras a reunión de Grupo deste luns, que a próxima semana terá lugar o pleno para o debate de totalidade do proxecto de orzamentos galegos elaborados para 2022 polo Executivo que dirixe Alberto Núñez Feijóo.

As contas públicas proxectadas pola Xunta para o próximo exercicio ascenden a 11.627 millóns de euros e, á espera do debate de totalidade, os grupos preparan xa as emendas parciais. Puy defendeu as contas e destacou que "recollen o maior gasto social da historia, con 8.660 millóns de euros", ademais de "reforzar" os investimentos, xunto cunha política de endebedamento e fiscal "prudente, na liña dos últimos anos".

Ao seu xuízo, as contas deseñadas polo Executivo autonómico para 2022 son "as adecuadas para as actuais circunstancias sociais e económicas". A Xunta, esgrimiu, "está en boa situación financeira", polo que "sen incrementar a presión fiscal" está "en condicións de manter a débeda".

VIOLENCIA DIXITAL

Puy tamén avanzou que na sesión plenaria ordinaria da próxima semana, coincidindo coa celebración do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, terá lugar a aprobación definitiva da modificación lexislativa impulsada polo PP para incorporar a violencia dixital como unha nova forma da violencia machista.

"Con esta modificación tentamos loitar contra a violencia dixital que se realiza a través de delitos como o ciberbullying, sextorsión,; 'grooming', usurpación de identidade, chaves ou contrasinais; sexting, ou 'pornovenganza', actividades que están a aumentar entre os mozos e as mulleres", aseverou.

Tamén destacou que se inclúen como violencia machista dixital non só aquela que se exerce a través das novas tecnoloxías, senón todo acto "cometido, instigado ou agravado, recoñecendo como medio para cometer o delito a utilización de servizos de xeolocalización".

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa. PPDEG
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa. PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta