Liberado un condutor do seu coche tras impactar contra outro turismo en Cartelle

Tras recibir o aviso, efectivos dos bombeiros de Celanova mobilizáronse ata o lugar do accidente para excarcerar ao ferido, trasladado posteriormente a un hospital polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2021 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia liberaron a un condutor que quedou atrapado no interior do seu vehículo despois de impactar contra outro turismo en Cartelle.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 17,00 horas deste luns na estrada que une Cartelle e Ourense, a OU-404.

Tras recibir o aviso, efectivos dos bombeiros de Celanova mobilizáronse ata o lugar do accidente para excarcerar ao ferido, trasladado posteriormente a un hospital polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061.

Doutra banda, a saída de vía dun autobús que circulaba por Antas de Ulla saldouse cun ferido, que foi evacuado a un centro hospitalario.

O suceso produciuse ás 13,45 horas deste luns na estrada entre Lalín e Monterroso á altura do lugar de Ludeiro, onde o autobús se saíu da vía e acabou envorcado. Aínda que o ferido puido saír do vehículo polos seus propios medios, necesitou atención sanitaria.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta