Santiago pide axuda á Xunta para subirlle os impostos ao turismo

O concelleiro Sido Guinarte volve defender a implantación dunha taxa turística na capital.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2021 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

O concelleiro de Turismo de Santiago, Sindo Guinarte, volveuse a mostrar este martes "a favor" da implantación do cobro dunha taxa turística, como existe en comunidades autónomas como Cataluña e Baleares, pero lembrou que se precisa de "unha habilitación" a través dunha lei autonómica.

"Require que unha lei do Parlamento de Galicia permita o seu establecemento", explicou nunha rolda de prensa celebrada este martes, despois de que o luns o grupo municipal de Compostela Aberta reclamase ao goberno local unha maior presión ante a Xunta para instaurar esta taxa.

Neste sentido, Guinarte reiterou o seu apoio á medida, que xa está implantada non só en Cataluña e Baleares, senón tamén nos países de Europa "máis turísticos". "É algo que hai que desmitificar ou sacarlle esa transcendencia que non permite falar dela", engadiu.

Segundo o concelleiro, é "indiscutible" que unha urbe como Santiago, que "ten unha presión turística importante ao longo de moitos meses do ano, require e necesita recursos" para atender a necesidades derivadas desa presión. E é que a capital galega é "unha cidade pequena que recibe, en comparación ao seu tamaño, a unha gran cantidade de visitantes".

É máis, o concelleiro asegurou que hai estudos "que demostran que a súa incidencia sobre a demanda turística é practicamente despreciable". Por tanto, Guinarte considera esta taxa "unha posibilidade á que non" se debe "renunciar".

Iso si, explicou que unha vez implantada, "logo haberá que modular e dicir como" se establece, porque "non ten por que ser indiscriminada" para todas as épocas do ano nin para todo tipo de locais. Neste sentido, aínda que rexeitou facer "unha proposta concreta", considera que "o razoable sería aplicalo a todos os establecementos, pero cunha contía modulable".

Preguntado sobre cal é a postura do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, respecto diso, o concelleiro de Turismo afirmou que "non ten unha posición contraria", pero tamén advertiu que por agora se trata dunha cuestión "que está fóra" da capacidade de decisión do Concello.

O concelleiro de Turismo compostelán, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil. EUROPA PRESS - Arquivo
O concelleiro de Turismo compostelán, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Onde tributa a Fundación Catedral ? en Panamá, Luxemburgo, Andorra ? A Fundación Barrié meteu 3 millóns no negocio e voilà a Fundación Catedral ! Agora todos pasamos pola caixa pero ninguén sabe onde van os cartos ?