Un cento de quitaneves e case 350 operarios velarán pola circulación nas estradas estatais en Galicia

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/11/2021 | Actualizada ás 15:48

Comparte esta noticia

Un cento de máquinas quitaneves e un total de 348 operarios velarán pola circulación en condicións de meteoroloxía adversa nas estradas estatais en Galicia. Así o destacou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, este martes durante a presentación na Gudiña (Ourense) dos medios que integran o Plan Invernal na rede de estradas estatais do Estado para a campaña 2021-2022, un acto do que informou a Delegación do Goberno.

Un cento de quitaneves e case 350 operarios velarán pola circulación nas estradas estatais en Galicia
Un cento de quitaneves e case 350 operarios velarán pola circulación nas estradas estatais en Galicia | Fonte: Delegación do Goberno.

O delegado sinalou que o plan ten como obxectivo "dar seguridade aos usuarios e proporcionar a condución máis cómoda e fluída posible ante posibles condicións meteorolóxicas adversas".

O delegado destacou o importante despregamento de medios humanos e técnicos nesta campaña, que se estenderá ata o mes de abril. En total, o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana xa dispón de 100 camións quitaneves, 3.257.000 litros de salmoira e 20.400 toneladas de sal.

Estes medios materiais son empregados por persoal especializado que, este ano, ascende a 348 persoas das que 186 son condutores especializados en quitaneves; 42, encargados e técnicos; e 120, operarios.

A eles poderanse sumar, cando sexa necesario, os 900 axentes da Agrupación de Tráfico da Garda civil e o persoal da Dirección Xeral de Tráfico, ou mesmo a Unidade Militar de Emerxencias se fose necesario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta