Baltar destaca que Ourense ten unha ocupación "por encima" da media galega

Para o presidente da Deputación de Ourense "o dinamismo" da economía ourensá permite que "unha de cada catro persoas paradas antes da pandemia hoxe estean a traballar".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2021 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, defendeu que Ourense ten unha ocupación laboral "por encima" da media de Galicia grazas a "a súa singularidade socioeconómica, que lle achega un plus de resistencia".

Durante a súa intervención no debate do estado da provincia, Baltar empregou os datos do Observatorio Económico Ourensán para celebrar o "camiño á aceleración" da ocupación laboral, xa que, di, a provincia "logrou baixar do 12% de parados" no terceiro trimestre de 2021.

Así, destacou que por primeira vez "supérase a barreira do 90% de ocupación, unha porcentaxe que non se superou aínda en Galicia". Para Baltar, "o dinamismo" da economía ourensá permite que "unha de cada catro persoas paradas antes da pandemia hoxe estean a traballar".

Nesta liña, Baltar esgrimiu os datos de ocupación turística e de visitas á provincia de Ourense, que deixan "o mellor agosto da historia" desde que hai rexistros, "froito de traballo en redes nacionais e internacionais".

Deste xeito, sostivo que os datos "reforzan a convicción da singularidade da economía ourensá" que lle achega "un plus de resistencia" e que, "as baixas densidades de poboación non están rifadas co crecemento da prosperidade".

Con todos os datos, Baltar afirmou que se demostra "a maior capacidade de recuperación do tecido produtivo ourensán" con "novos paradigmas" para construír "unha sociedade máis verde, humana e equitativa onde xa non se trata de crecer senón de como se produce ese crecemento".

Tras apelar a "evitar os triunfalismos" porque a economía ourensá está inserida nunha "economía global chea de incertezas", convidou a "fuxir do tópico do victimismo" e sustituírlo por un "un optimismo xustificado" que se ve en que "as empresas que melloran a súa competitividade polo crecemento de exportacións e polo maior grao de confianza naqueles que buscan emprego".

O PSOE, AUSENTE

Tras a intervención do presidente, cunha duración superior á media hora, interviñeron os grupos políticos, aínda que a oposición estivo representada unicamente polo BNG e o non adscritos, xa que o PSOE rexeitou participar.

A ausencia dos socialistas foi afeada polo portavoz do PP, Plácido Álvarez, que apuntou que sería mellor "pór o GPS en dirección os xulgados de Ourense para retirar o recurso sobre as axudas autónomos que en dirección Madrid", en referencia á iniciativa que fixo peregrinar a Madrid a deputados socialistas para denunciar "a repartición caciquil" dos fondos da Deputación Provincial.

Así pois, o portavoz nacionalista, Bernardo Varela, foi o único en confrontar a idea exposta por Blatar sobre a provincia, que, ao seu xuízo, "está en estado comatoso sen visos de solución". Esgrimiu "a diminución do número de nacementos", así como o maior número de poboación envellecida de toda España xunto con Zamora lamentando ademais que "o termalismo está abandonado" e insistiu na necesidade dunha repartición de fondos públicos aos concellos "xusto e non clientelar".

PROPOSTAS RESOLUCIÓN

Así as cousas, os portavoces retiráronse durante 30 minutos para aprobar as distintas propostas resolutivas con temas como o reto demográfico, o financiamento das entidades locais ou o impulso do emprego.

Ao regreso, foron aprobadas 26 medidas, 10 iniciativas do presidente provincial, outras 10 propostas polo grupo popular e seis do dez que presentaba o BNG, todas elas por unanimidade.

Entre as medidas que se aprobaron: a entrega en Ourense dos premios Mestre Mateo para o 2022 ou reclamar ao Goberno Central un Fondo de Reconstrución para as entidades locais que garanta a súa participación na xestión dos fondos europeos en equivalencia ao gasto local.

Tamén solicitan a creación dunha Comisión de Patrimonio coa participación de expertos para polo en valor ou revindicar que Ourense reciba un trato especial polo IDAE no fomento da xeotermia.

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar.. PP
O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar.. PP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta