Caso Samuel: a policía presenta un vídeo no que se ve aos detidos polo crime con armas

Portan machetes e bates. A policía incide que a morte de Samuel Luíz se produciu por golpes, descartando navalladas e o emprego doutros obxectos contundentes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2021 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

A Policía Nacional entregou ao Xulgado de Instrución número 8 da Coruña un vídeo no que detidos polo crime de Samuel Luiz aparecen con armas, segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press. "Hai armas e escóitase unha música", explicaron estas fontes sobre o contido do vídeo, do que non concretaron cando foi gravado e que foi extraído do teléfono móbil dun dos detidos. Nas imaxes, portan machetes e bates, ratificaron.

Sobre este extremo, o comisario xefe da Brigada Provincial da Policía Xudicial da Xefatura Superior de Galicia, Pedro Agudo, consultado por Europa Press, limitouse a confirmar que se entregou ao xulgado "un informe con material dos teléfonos". Por outra banda, insistiu, remitíndose aos resultados da autopsia, que Samuel Luiz "morreu por un fallo multiorgánico" como resultado de "moitísimos golpes", descartando así o uso de armas ou que falecese "por unha navallada".

Nestes momentos, a Policía está a analizar o teléfono do último detido, ao que a Audiencia Provincial da Coruña puxo en liberdade ao non apreciar risco de fuga, aínda que o mantén como investigado por un delito de asasinato. No caso hai cinco adultos, tres dos cales están en prisión provisional, e dous menores investigados. Para decembro, foron citados novas testemuñas no xulgado, dos cales dous supostamente presenciaron os feitos -- ocorridos na madrugada do 3 de xullo no paseo marítimo coruñés á saída dun local de lecer--, mentres que os tres restantes foron chamados para testificar sobre aspectos puntuais da investigación.

Autobús da Garda Civil onde van os acusados polo crime de Samuel Luiz tras ser citados no xulgado / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press
Autobús da Garda Civil onde van os acusados polo crime de Samuel Luiz tras ser citados no xulgado / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta