O BNG revalidaría o escano en Madrid nunhas novas eleccións, apunta o CIS

A formación nacionalista sobe ata o 0'6% en intención de voto. PSOE e PP baixan, mentes que UP e VOX están á alza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2021 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

O Barómetro de Opinión do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) correspondente ao mes de novembro reflicte unha caída da estimación de voto do PSOE, que marca un 27,6%, o seu segundo peor dato da lexislatura, pero os socialistas seguen na cabeza porque o PP baixa aínda máis, 1,2 puntos nun mes, na primeira enquisa tras coñecerse a brecha aberta entre a dirección nacional e o PP de Madrid de Isabel Diaz Ayuso.

Pola súa banda, o BNG sobe lixeiramente en estimación de voto con respecto ao barómetro de outubro. Así, pasa dun 0,5 por cento a un 0,6 por cento sobre votos válidos. En concreto, o PSOE conta cunha estimación de voto da 27,6% fronte ao 20,9% do PP, o que permite aos socialistas ampliar a súa vantaxe ata os 6,7 puntos. Por contra, os que soben son Vox e Unidas Podemos, con porcentaxes o 14,3% e do 13,6%, os seus mellores datos do útimo ano.

Estimación de voto Barómetro do CIS de novembro de 2021. EP DATA
Estimación de voto Barómetro do CIS de novembro de 2021. EP DATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta