Cinco anos de prisión por abusar sexualmente da súa filla discapacitada

A rapaza era menor de idade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2021 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

Un acusado de abusar da súa filla menor de idade con discapacidade procesado pola Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña aceptou cinco anos e medio de prisión e cinco de liberdade vixiada como autor dun delito continuado de abusos sexuais. Segundo informaron a Europa Press fontes xudiciais, o acusado aceptou ser condenado como autor dun delito continuado de abusos sexuais a cinco anos e medio de prisión e a cinco anos de liberdade vixiada.

Ademais, deberá abonar unha indemnización de 20.000 euros e tamén se lle impuxo a prohibición de achegarse a menos de 300 metros da vítima, así como comunicarse con ela por calquera medio por un período de 10 anos. O xuízo, cuxa celebración era a porta pechada, estaba sinalado a partir das 9,30 horas deste mércores na Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña con sede en Santiago, saldouse cun acordo.

O pai da menor foi procesado acusado de abusar sexualmente da súa filla menor de idade que padece unha discapacidade psíquica, feitos polos que a Fiscalía pedía 11 anos de prisión.

FEITOS

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, o acusado, sen antecedentes penais e con domicilio no partido xudicial de Ribeira, residía no mesmo coa súa esposa, coa que tivo unha filla que "padece unha discapacidade intelectual e un atraso mental leve, cunha minusvalía psíquica recoñecida do 36%". A menor residiu cos seus avós maternos ata a idade dos 12 anos, cando pasou a convivir cos seus pais.

"No transcurso da convivencia da menor co seu pai sufriu abusos desde a idade dos 12 anos ata os 16 anos", sostén a Fiscalía, que puntualiza que o último ocorreu uns días antes da retirada da custodia aos seus pais, o 24 de novembro de 2016, e cando a menor estaba a piques de cumprir os 17 anos.

Audiencia Provincial da Coruña.
Audiencia Provincial da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta