Ameazan con levar aos tribunais un colexio de Santiago por un caso de "discafobia"

O suceso, no que un rapaz con necesidades especiais se situou "nunha cornixa", teríase saldado coa intervención dunha patrulla de policía e varios técnicos sanitarios.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2021 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

Denuncian un caso de "racismo e discafobia" no CEIP Apóstolo Santiago da capital galega, aínda que fontes docentes negan tal caso. Nas últimas xornadas, fontes próximas á familia da suposta vítima veñen de facer público un presunto caso de discriminación que afectaría a un alumno do centro con necesidades especiais. Segundo apuntaron ao Galicia Confidencial, o trato discriminatorio de cara ao alumno teríase concretado na chamada a unha ambulancia e unha patrulla de policía en meses pasados, algo que negan fontes do profesorado.

Arquivo - Alumnos esperan para entrar ás probas da EBAU fronte á facultade de económicas da USC en Santiago de Compostela. CÉSAR ARXINA - Arquivo
Arquivo - Alumnos esperan para entrar ás probas da EBAU fronte á facultade de económicas da USC en Santiago de Compostela. CÉSAR ARXINA - Arquivo

De acordo coa mesma fonte, unha amiga da familia, o suceso teríase resolto co traslado do rapaz en ambulancia, que foi interceptado polos sanitarios "diante do resto de nenos" e nese momento se atoparía en terapia combinada --baixo atención psiquiátrica e psicolóxica--. Aínda que a fonte citada non pode precisar exactamente o porqué da chamada do centro á policía, entende que se tratou dun suceso no que o rapaz, cun trastorno do espectro autista, "se puxo nervioso" e os docentes do centro "non souberon reaccionar porque non o entenden".

O alumno tería "marchado para unha cornixa" ante a presión dos presentes. Segundo destaca a mesma fonte, "non había perigo de que se tirara", e lamenta que os responsables do lugar non seguiran os protocolos existentes para unha situación así. De igual maneira, denuncia unha actitude negativa por parte dos integrantes do CEIP de cara ao rapaz, acusándoos de querer "que fora a un centro de educación especial" no canto de estar integrado na educación regular. Fontes docentes consultadas negan por completo a versión facilitada pola amiga da familia.

TRIBUNAIS

A amiga da familia afirma que xa puxo o caso en coñecemento da plataforma dis_inclusión, e que están ponderando levar aos tribunais a cuestión ante un caso de "racismo e discafobia". "É unha tras outra, non é só este caso", afirma a fonte. Por parte da dirección do centro, limítanse a sinalar que non recibiron ningunha comunicación ou queixa por parte da familia do menor. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta