Ourense, segundo peor índice de accidentes laborais mortais do Estado

A Federación de Industria de CCOO de Ourense alerta de que algunhas mutuas evitan a cualificación e o recoñecemento inicial de enfermidades profesionais ou accidentes de traballo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/11/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

“Nos últimos datos oficiais, Ourense ten o segundo peor índice provincial de incidencia de accidentes de traballo mortais de todo o estado con un 0 ́718, mentres no conxunto de España é dun 0 ́278 e no conxunto de Galicia un 0,469”, afirma o responsabe provincial da secretaría de saúde laboral da Federación de Industria de CCOO de Ourense, Roberto Garrido. Son os útimos datos oficiais publicados recentemente polo do Ministerio de Traballo de accidentes de traballo sobre o período xaneiro/setembro de 2021.

Tractor
Tractor | Fonte: Europa Press - Arquivo.

 

Uns datos "preocupantes", destaca Roberto Garrido, que apunta ademais que: “a radiografía de situación é aínda máis preocupante por canto Ourense, co segundo peor índice provincial de incidencia de accidentes de traballo mortais, é a novena con menos persoas afiliadas a seguridade social durante ese mesmo período”. Resalta, así mesmo, como "especialmente negativo" o feito de que no índice de accidentes laborais totais (leves, graves e mortais) a provincia de Ourense ocupe o posto 25 cun índice de 270'1 mentres a media de España é dun 248' 6 e a de Galicia un 242'9.

 

Ademais, o responsabe provincial da secretaría de saúde laboral da Federación de Industria de CCOO de Ourense censura que algunhas mutuas evitan a cualificación e o recoñecemento inicial de enfermidades profesionais ou accidentes de traballo "fixando unha impropia e xenérica cualificación como enfermidade común. A practica non é habitual na maioría das mutuas, pero sempre hai algunhas que insisten no erro”.

 

Roberto Garrido manifesta que, ata a chegada da pandemia, a maioría de casos procedentes de queixas ou actuacións irregulares das mutuas que chegaban o gabinete de saúde laboral do sindicato eran basicamente porque "algunhas entidades cualificaban como enfermidade común lesións de tipo músculo esqueléticas en costas, xeonllos, ombreiros, cóbados, cadeiras, cervicais, bonecas ou sobre esforzos, lumbalxias, tendinitis, túnel carpiano”.

 

E engade que, ao tramitar dende o sindicato o cambio de contixencias, foron aceptadas pola Seguridade Social nun 80%. Así, analiza con ironía os datos: “ou ben nesta provincia somos moi gafes, torpes ou con moi mala sorte no traballo ou tal vez, baixo a denominación de enfermidade común, estase furtando ou agochando un número importante de accidentes de traballo reais”.

 

O sindicato alerta de que a utilización do medo a perder o traballo a consecuencia dun accidente de traballo agrava a precariedade laboral dos traballadores e apuntá á necesidade de que non desaparezan do procedemento posibles accidentes de traballo. É preciso investigalos, inciden, porque de non facelo non "se tomarán as medidas preventivas necesarias para que non volvan acontecer, nin se realizará unha nova avaliación de riscos dos postos afectados para evitar riscos semellantes os que ocasionaron o accidente inexistente”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta